Un dos membros que asaltaba vivendas en Ourense volve caer detido

O presunto sospeitoso foi detido por segunda vez nunha semana tras quebrantar unha orde de afastamento contra a súa parella

Un dos catro presuntos integrantes dunha banda que asaltou máis dunha trintena de vivendas en zonas rurais da provincia de Ourense foi novamente detido, esta vez por quebrantar unha orde de afastamento da súa parella, informaron hoxe fontes da investigación.

O detido, identificado como Faustino J. H., de 38 anos, supostamente conducía o vehículo dunha desmantelada banda de presuntos delincuentes, integrada por cidadáns de nacionalidade albanesa e española.

É a segunda vez que foi detido nunha semana logo de ser apresado xunto con outros tres sospeitosos de perpetrar máis dunha trintena de atracos, o último deles nunha vivenda de Astureses, en Boborás.

O individuo quedou en liberdade a espera de xuízo tras abonar unha fianza de 4.000 euros esixida polas autoridades xudiciais. Previamente fuxiuse despois de que a Garda Civil apresase aos outros tres sospeitosos de integrar a banda delituosa. Dous deles de orixe albanesa e un española, este último de Ourense, e presuntamente facía de enlace para perpetrar os roubos.

Os tres permanecen en prisión preventiva tras a operación desenvolta pola Garda Civil baixo a acusación de tentativa de roubo con forza en casa habitada, lesións, atentado á autoridade e desobediencia. No momento da detención, os presuntos delincuentes agrediron a catro axentes da Garda Civil.

Comentarios