Varios disparos alarmaron aos veciños do barrio de Caranza, en Ferrol

O enfrontamento de dúas familias de etnia xitana obrigou a intervir á Policía 

A Policía Nacional viuse obrigada a intervir este luns no barrio ferrolán de Caranza despois de que os veciños escoitasen varios disparos na zona.

As detonacións producíronse no marco dunha discusión entre dúas familias de etnia xitana ocorrida ao redor das 10 da mañá nunha zona próxima á parada de taxis.

Ningunha persoa resultou ferida no enfrontamento. Tampouco se efectuou ningunha detención.

Comentarios