jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Un finísimo cabelo blanco

Turistas observan o cabelo branco que sae da orella do autor. Outras fontes, quizais máis fidedignas, apuntan que a imaxe se corresponde en realidade coa engalaxe do 'Discovery' en 2006 desde Cabo Cañaveral. ARQUIVO

ESTA SEMANA comprendín que envellecía. Vale que antes xa percibira algúns sinais. Esa ciática, aquel sprint interminable, as mañás dos domingos paseando polo Rato. Pero este foi o definitivo. Esta semana, dicía, descubrín un finísimo cabelo branco que saía disparado do mesmo centro do lóbulo da orella dereita cara ao infinito, coma o foguete que engala, salvaxe, desde Cabo Cañaveral na procura dun universo inabarcable.

Funme do baño lentamente e marcha atrás e, cando regresei aos dez segundos, o espello devolveume de novo esa revelación existencial en forma de filamento córneo. Poucas cousas nos fan tan conscientes da inevitable decadencia humana coma un pelo fóra de lugar. E talvez escribir nesta columna sobre iso, e non sobre a Lei Celaá, sexa outra delas.

Un finísimo cabelo blanco
Comentarios