
Selfis con Greta Thunberg

OS GALEGOS peregrinamos a Vigo atraídos polas luces, coma ludópatas seducidos polas escintilantes chamadas das máquinas comecartos. Igual ca clientela que vaga cara aos prostíbulos hipnotizada polos seus cantos de serea en forma de luminarias de neón. No Cyber Monday fundimos as nosas contas mercando iphones para logo sacármonos selfis con Greta Thunberg. Os mecenas do Cume do Clima son as multinacionais que encabezan a lista de empresas máis contaminantes. E en Nadal pedimos que se acabe coa pobreza planetaria mentres brindamos con Dom Pérignon. A solución ao cambio climático só é unha: consumir menos e mellor. Pero sobre todo menos. O resto é dobre moral.