martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

O Abraham nacido dos indios tabajaras

Abraham Boba escribe cancións. Para el mesmo; para o seu grupo, León Benavente. Unha vez cambiou as revolucións ás que soaba un disco. De 33 por minuto a 45. "Fue nuestro único acto de rebeldía en aquellos años". Suficiente como para comprender. "¿Qué vas a hacer con tu única y salvaje vida?"
Abraham Boba
Abraham Boba

ABRAHAM BOBA ESTÁ gravando o novo disco coa súa banda nunha lugar cativo cerca de Zaragoza. Hai trinta anos os músicos ían necesariamente a un estudo de Madrid ou Barcelona. Agora marchan das cidades de xesto pesado e ampuloso para rexistrar as cancións. Son temas que falan de xente vivindo en cidades que non soportan completamente, pero que lles garanten códigos necesarios: itinerarios, costumes, ritos e lugares que son quen de entender. Abraham Boba (1975) naceu en Vigo, marchou a Barcelona con 18 anos e a Madrid, con 31. Agora borrou a cidade. Ou iso pensa.

Chámoo polo seu nome, David Cobas Pereira. Queda aturdido. Fugazmente. Ese nome aparece na portada de Esto no es una canción (Espasa), o seu primeiro poemario. Revela que pensou en asinar a obra como David Cobas. Para os asuntos públicos é Abraham Boba. Imaxino a explicación cando asina o contrato para cambiar a luz de obra.

—Llevo tanto tiempo con el seudónimo que no quería despistar a nadie. Empecé con el seudónimo no por hacer un personaje. Presenté unas maquetas en formato de cantautor y me pareció que mi nombre era demasiado común, así que busqué algo especial.

Cando levamos un tempo cun nome empeza a parecernos común. Levamos tantos anos habitando nel que tardamos en reparar na vulgaridade que encerra.

—No soy fan de los seudónimos, pero veo que todos los de nuevas músicas usan seudónimo. El seudónimo se lo robé a una amiga ilustradora de Barcelona. Ella no llegó a utilizarlo. Lo creó para unos trabajos que no quería firmar. Abraham Boba no significa nada. Suena bien.

Soa a profeta. David Cobas foi o seu profeta para poder cumprir o oráculo, o círculo de fariña e froita confitada que fixo no obrador de pastelería que tiñan os pais. Buscaba abrir un círculo negro polo que fugarse dunha familia na que escoitar música era poñer discos de Los Indios Tabajaras.

Un día dos anos 30 souberon que un home branco se perdera na súa selva. Os homes brancos eran unha distracción para eles

Algún domingo contareilles a historia de Mussarepe e Herundy. Hoxe non dispoño de espazo. Era dous fillos da treintena que tivera un cacique tribal no corazón da escuridade selvática de Brasil, no noroeste. Eran pacíficos; nunca sentiron falar de Joseph Conrad, ninguén lles falou de Kurtz. Menos de León Benavente, como para falarlles de Abraham Boba. 

—Me gusta cantar desde niño. Cuando venía familiares de visita mis padres me decían que cantase una canción. Me gustaba la música. Mis padres eran pasteleros trabajaban muchas horas al día y mis hermanos se fueron pronto a la univerdidad. Mi hermana me lleva diez años y mi hermano, ocho. Yo estaba solo y escuchaba música más a mi gusto.

Nunca me apetece falar por teléfono. Menos con persoas ás que nunca vin. Abraham Boba ten unha macedonia gris na cabeza e unha barba seria con restos de nata, pero ignoro en que dirección move as pupilas cando me contesta polo móbil.

—Me compré unas baquetas. Miraba un vídeo de los Cure y seguía la canción tocando la batería en unos cojines. Un amigo me dejaba tocar la batería en su local de ensayo.

Case que lles vou contar hoxe a historia de Mussarepe e Herundy. Un día dos anos 30 souberon que un home branco se perdera na súa selva. Os homes brancos eran unha distracción para eles. Buscaron o rastro polo olor, pero unicamente atoparon un obxecto de bandullo ancho e unha longa protuberancia. Levárona ao seu asentamento. Para o día seguinte descubriron que non lles serviría de moito. Non podían usala na caza. Tiña unhas cordas que facían ruído se as movía o vento.

Os dous irmáns decidiron descubrir o lugar de onde procedía o seu achádego selvático. Marcharon a un deses asentamentos sucios e desordeados nos que malvive o home branco. Pode que alí atopasen unha persoa que falase unha lingua normal, a súa, e lles explicase para que servía o obxecto que facía cantar ao vento. Chegaron a Rio de Janeiro.

O empresario despoxounos de palabras indíxenas tan ancestrais, Mussarepe e Herundy. A falta de amiga ilustradora de Barcelona, chamounos Antenor y Natalicio Moreira Lima

Abraham Boba sabía que outra xente de Vigo escapara a través do círculo de fariña e laranxa confitada, que gañaba a vida como músico.

—Soy de una generación posterior a la Movida de Vigo. Fue una eclosión de propuestas impresionante para una ciudad del tamaño de Vigo. Esa música entraba en mi casa a través de mis hermanos. Fui a conciertos en Castrelos. Radio Futura, El Último de la Fila,... Radio Futura me marcó. En Castrelos vi a Tranvision Vamp!

Mussarepe e Herundy empezaron a actuar en locales de Rio. Cantaban tradicións da súa tribo, os Tabajara. Acompañábanse coa súa guitarra, tan confusa como a noite na que entraron na gran cidade. Un empresario viunos. Contratounos. Eran indios e tabajara. Los Indios Tabajara. Pagoulles unhas clases de manexar o obxecto inútil que atoparan. A guitarra valíalles de acompañamento para cantar Solamente unha vez, Amapola.

O empresario despoxounos de palabras indíxenas tan ancestrais, Mussarepe e Herundy. A falta de amiga ilustradora de Barcelona, chamounos Antenor y Natalicio Moreira Lima. A Natalicio acabou recurtándose en Nata, pero non tiña unha pastelería. Gravaron María Elena. Venderon 5.000 discos, moitos para esa altura. Actuaron polo mundo; tamén por Madrid, Barcelona, por Europa. Los Indios Tabajara non cansaron. Estiveron gravando discos e dando concertos durante cincuenta anos.

—Llevaba muchos años fuera, de gira. Llevaba 13 años en Madrid. No podía concentrarme a la hora de crear. Siempre necesité un lugar tranquilo en el que no tenga distracciones para componer. En noviembre de 2019 volví a Galicia.

Eu nunca crín na lenda de Los Indios Tabajara, na guitarra encontrada na selva amazónica, nin que a tocasen sen coñecela para interpretar cancións que escoitaran na familia. Podo confiar en que Abraham Boba me conta a verdade cando lembra que marchou a Barcelona con 18 anos para aprender piano.

—No tenía pensado volver a Galicia tan pronto, tenía claro que quería volver. Pero nunca pensé que iba a acabar en el mismo pueblo en el que pasaba todos los veranos, en Priegue. El libro existe porque me fui allí.

Agradezo que Abraham Boba non escribise un diario sobre como pasou a pandemia encerrado nun lugariño de Galicia. A peste deixou un número excesivo de mortes e demasiadas experiencias compartidas.

Esto no es una canción existe porque marchou a ese lugar do Val Miñor e porque rexeitou recomplilar as letras que David Cobas escribiu para Abraham Boba e para León Benavente.

—Es un poemario narrativo. No me apetecía recopilar poemas que no tuviesen que ver entre ellos. En las canciones también soy bastante narrativo dentro de lo que permite el formato canción. No quería recopilar letras, quería dejar eso claro desde el título. Escribí desde noviembre a marzo de 2020 a marzo de 2021. En Priegue. La última parte, cuando empezaba el covid. No escribí sobre el covid porque se necesita distancia. Ese tema requiere asimilación para no escribir algo obvio. Los mejores libros sobre el confinamiento saldrán dentro de cinco años.

Agradezo que Abraham Boba non escribise un diario sobre como pasou a pandemia encerrado nun lugariño de Galicia. A peste deixou un número excesivo de mortes e demasiadas experiencias compartidas.

David Cobas pasaba o verán, as bicicletas, as rapazas e os chicles en Priegue. O libro debería ser feliz, pero acumula violencia: "P, el hermano mayor de K ha venido a rehabilitarse". Leva canda si o seu bebé. Unha noite "una ventana estalló/ y junto a los cristales/ algo cayó al suelo". P non lembraba nada ao día seguinte.

Outro día David vai xantar na casa. A nai agarda por el na porta: "Tu amigo se ha ahogado". Os perigos viven no corazón da escuridade.
—Son los primeros contactos con el dolor, el drama. No entiendes y queda ahí, piensas que ya lo entenderás.

O Abraham nacido dos indios tabajaras
Comentarios