Opinión

O condado do editor máis secuestrado

A mecánica do automóbil estaba máis cerca dos medios de produción que das suprestruturas. Era 1972 nunha España batida todavía polo vento amargo da ditadura do Ferrolanísimo. Ramón Acal sabía que, para publicar O capital, debería empezar por un asunto banal de buxías e cigüeñais.
Ramón Acal
photo_camera Ramón Acal

Ramón Acal pensa que todo o mundo ten interese para ser entrevistado menos os editores. O seu catálogo responde aos cuestionarios. Os pintores adoitan situarse tras a mesma excusa, pero é máis fácil ler a un editor. A súa empresa, Akal, está definida no andel do seu despacho, en Madrid. Poden verse as obras completas de Lenin e O capital de Marx en convivencia co terror surrealista de Lovecraft e a mundanidade rota da Comedia de Dante, que Boccaccio adxectivou como Divina comedia. Así ata 6.500 títulos dun catálogo no que tanto se denuncia a homofobia como se amosa calidamente a costura ou se insinúa o esoterismo.

Outro editor marxista e lucense, Constantino Bértolo, que dirixiu Debate, asentou un busto pulcro de Lenin na entrada da súa casa:
—Así nadie se llama a engaño, Jaure. Saben que, en esta casa, tenemos las ideas claras.
Bértolo ten a súa ollada en Navia de Suarna; Ramón Acal, en Baleira. Ambos miran cara ao Lugo montañoso. Acal cumpre cincuenta anos no oficio. Lenin foi o punto inicial do círculo que se abre vendendo libros en 1972 e se pecha no seu despacho. Roxo perdido, fervorosamente partidario de tirar do freo comunista para deter o tren arroiador do capitalismo, indignouse cando La Gaceta lle dedicou un auto de fe no que denunciaba que "el editor de manuais anticapitalistas vive en un chalet de 384 metros cuadrados a las afueras de Madrid, levantado sobre una finca de 1.850 metros cuadrados". O librepensador declárabase enganado polo construtor que lle fixera o chalet porque lle vendera o dobre de metros, aínda que non sei se estaba esaxerando para burlarse do xornal de dereitas.

A única entrevista que concedeu polo medio século, breve e desganada, premiou a El País. Detallou o seu método e o seu obxectivo:
—Nunca me fijo en el autor o en su currículum, me fijo en el texto y, sobre todo, si en todo lo que se dice está bien contrastado, además, es importante lograr construir una colección que sea coherente: si lo consigues es que eres buen editor.

Hai dez anos, para celebrar a corentena de Akal e conxurar esta crise que vai durar máis que o enterro de Sabela II, publicou a Física social, de Auguste Comte. Ten 1.300 páxinas e custa 75 euros. O editor lucense decidiu que non podía quedar inédita en castelán porque é un clásico da socioloxía dende hai douscentos anos. A idea que fundamenta o seu labor cultural e o seu deber mercantil é o convencemento de que un selo debe dirixilo un editor e non un contable

.En 1975 publicou El Sáhara en la crisis de Marruecos y España, do sociólogo Juan Maestre Alfonso, porque lle parecía necesario esmiuzar a lóxica satánica de que España descolonizase o Sahara para que logo fose colonizase Marrocos. Como era de esperar, o libro foi secuestrado pola autoridade gubernativa.

Ramón Acal é un científico que edita libros para comprender a realidade. Non lle gustaba estudar, soamente ler libros censurados e xogar ao xadrez no Círculo de Artesáns da Coruña

Constantino Bértolo argumenta o papel social do editor:
—Si una sociedad debe volcar sus recursos, siempre escasos, en fomentar la lectura, debería hacerlo fundamentalmente en apoyo de aquellos textos que mejoren la salud semántica de la sociedad, que ayuden a elevar el nivel crítico de la sociedad, que permitan desvelar los mecanismos de dominio y consentimiento bajo los que transcurren nuestras vidas. Los malos libros tienen efecto contaminante, rebajan los niveles de exigencia, nos maleducan como lectores, nos acostumbran a la molicie intelectual, a la pereza mental, a la pasividad lectora.

Ramón Acal é un científico que edita libros para comprender a realidade. Non lle gustaba estudar, soamente ler libros censurados e xogar ao xadrez no Círculo de Artesáns da Coruña. Con 12 años o pai mandouno a Baleira, convivir coa orixe da familia. Quería que reflexionase sobre a necesidade de arrimarse á forxa quente da educación. Aquel mundo pareceulle áspero. Galicia era áspera nos anos 50:
—Fun niño en la posguerra, lo normal en aquella época era ver por la calle a gente a la que le faltaba una pierna y edificios derrengados, los juegos bárbaros consistían en golpear mejor al otro, incluso hasta sacarle un ojo… eso cambia la percepción de las cosas.

En 1972 vendía libros. Os inocentes por riba do mostrador; os comprometidos, por debaixo. Daquela, Franco aínda refrendaba penas de morte contra facinerosos partidarios da democracia mentres miraba pola ventá de El Pardo. O Caudillo contemplaba as carreiras dos cervos entre as aciñeiras e lembraba, co corazón sumerxido no formol da nostalxia, do día en que coñeceu as fragas do Eume. Entre mentres, outro galego vendía El capital na edición do Fondo de Cultura Económica envolto en papel de pescado.

Ramón Acal xanta coma un pardal, "por coquetería"; pero nunca reprimiría a un comensal con conciencia de clase

Nese ano o editor galego empezou por publicar Resuélvalo usted mismo. Averías en el automóvil, un libro sobre caixas de cambio e pistóns, co que pretendía obter o número de editor, o nihil obstat dos señores de bigote e brazo rápido para ser erguido. Pretendía eludir a censura sobre obra publicada de Fraga e da súa lei baseada no principio de incertidume de Heinsenberg. A licenza de licenza a mecánica dos coches posibilitoulle ir editando as traducións para o español de obras leninistas, trotskistas e do mesmo Marx nas versións do Instituto Ruso. O seu catálogo colleu tal sona que o Partido Comunista Mexicano, neses anos 70, lle comprou seiscentas caixas coas obras completas de Lenin. En cada caixa cabían 35 tomos.

Con ese pulso contra a última década do secular atraso español levantou a editorial Akal; que se ía chamar Acal, pero o nome estaba rexistrado. O pulso foi a pelo, sen pedir un can aos amigos. Prefire a amizade aos libros. Un préstamo fracasado acaba coa amizade máis sólida. A súa muller ten o 1% da editora; o resto é seu. Levan 44 anos xuntos, vivindo en casas separadas para non chocar cos malos humores matutinos ou coas esperanzas frustradas polas noites. A filla, Ariadna, é a directora editorial.

Ramón Acal xanta coma un pardal, "por coquetería"; pero nunca reprimiría a un comensal con conciencia de clase. Nas lecturas de adolescencia do Círculo coruñés de Artesanos descubriu a Sartre, Camus e outros pensadores financiados co Ouro de Moscova; xustamente, prohibidos pola Igrexa e dona Carmen Polo, lectora fervorosa do ¡Hola! e do seu misal con páxinas de friso en pan de ouro. Non sei por que Guy de Maupassant estaba mal visto, pero estaba. Así que o lucense publicou todo o que considerou interesante ou excitante, sendo consciente de que Fraga llelo revisaría mentres reinou na rectitude do pensamento.

Sentou doce veces ante o Tribunal de Orden Público por publicar textos afectados polas pragas do escándalo e a libertinaxe

O título nobilitario favorito de Acal é Editor Máis Secuestrado de España. Gañouno a golpe de trece libros prohibidos polo franquismo. Sentou doce veces ante o Tribunal de Orden Público por publicar textos afectados polas pragas do escándalo e a libertinaxe. A última obra denunciada foi a novela erótica Fanny Hill, memorias dunha mujer galante, de John Cleland, publicada por primeira vez no século XVIII, con tod a procacidade que pode esperarse do século XVII. "Podían pedir hasta 30 años de cárcel", remarca Acal.Recibiu a única condena da ducia á que se arriscou. Foron dous anos de inhabilitación como profesional.
—El presidente del tribunal era un militar que había participado en el juicio de Burgos.

Foi indultado pola presión das sociedades doutros países  "Había una censura no reconocida y contribuimos a quitarle la máscara".  Tampouco se precisaba unhas doses letais de sexo para ter problemas coas autoridades. Tamén llos puxeron por publicar unha Historia de Roma porque o escritor tiña nome ruso. O Ouro de Moscova brillaba xa na antiguedade clásica.

Xa recibira máis dun arrepentimento por vía oral algunha vez que o levaran á Dirección General de Seguridad, en Sol, onde ninguén saía coma entrara. O policía que lle facía a ficha confesóuselle devoto das súas publicacións no sentido leninista e escandaloso do termo.

Comentarios