Opinión

Lentamente vai pasar, Berto

Verto é Berto agora. Recuperou a ortografía correcta tras separarse de Fer. Berto non desbota a volta de Verto, pero, polo de agora, fai discos en solitario. Publicou Viaxe ao espazo interior, pero xa prepara , un álbum dobre sobre a falta eterna de quen queres.
Berto
photo_camera Berto

BERTO MIRA ten aínda a língua preguizosa cando falamos. Botara toda a véspera producindo un disco. Xa produce a catro grupos. Aprecia facelo. Berto alenta un certo idealismo:

—Quero achegar á cultura e que saian adiante proxectos.

Fágolle unha pregunta paternal:

—Acabaches Medicina?

Agora, nas entrevistas, fago preguntas de pai e estou tentandísimo a reñer aos artistas por non estudar unha carreita e ter algo seguro. A miña nai recoméndabame ser secretario dun Concello. "Pola tarde poderás dedicarte ás túas cousas", apuntaba dun leve ton despectivo para referirse á escrita. Ser secretario municipal parecíalle o máis digno e respectable que se pode aspirar a ser. Alentaba tamén a vocación secreta de verme vestido con traxe e gravata. Deille esa compensación cando casei con Ana. Ao cabo, pensaba ela, nese posto despachas con construtores, sacerdores e promotores de pistas de pádel sen estar sometido ás condicionantes políticas e temporales de ser alcalde.

Cando a miña nai me soltaba esas admonición eu estaba naufragando na carreira de Dereito. Non se me ocorren materias na vida que me aburran con máis eficacia que as leis e as normas, teño unha alma anarquista porque  me exasperan as regras. Pero eu era dunha clase media situada entre a nostalxia do apelido paterno, de quen fora a miña familia, e a aspiración que ela tiña de que os fillos reconquistasen ese escalafón a través dos estudos universitarios. Para a miña nai a humildade non era unha actitude tolerable e a resignación social non era un sentimento a considerar.

Así que, como eu era torpe cos números e brillante coas letras, púxome na mesa os papeis para matricularme en Dereito e fixoume unha ruta que me levaría directamente ao cumio dun secretariado nun concello.

Contaban del que era supernumerario do Opus Dei e que usaba cilicios para mortificarse imitatio Christi. Eu perdía as súas clases tratando de ver cicatrices ou puntos secos de sangue nas súas

Daquela eu lía a John Fante en La hermandad de la uva (Anagrama): "O meu pai nunca quixera ter fillos. Quixera ter peóns de albanel e axudantes de canteiro. Tivo un escritor, un caixeiro de banco, unha filla casada e un ferroviario. En certo xeito esforzouse por moldear aos seus fillos, para que fosen construtores, tal como moldeaba a pedra: a marteladas". A miña nai era bastante máis sutil, non che empuxaba cara onde quería ela, senón que che ía arrinconando.  Así que memorizaba artigos da Constitución, sen prever que todas aquelas boas intencións expresadas , non sen certo cinismo, polo lexislador nunca serían reais; pero si lembro que aprendín a estruturar un texto grazas a un manual de Dereito Romano escrito por Pablo D’Ors. Contaban del que era supernumerario do Opus Dei e que usaba cilicios para mortificarse imitatio Christi. Eu perdía as súas clases tratando de ver cicatrices ou puntos secos de sangue nas súas. Eramos douscentos na aula, que estaba organizada nunha grada semicirular que nos separaba uns trinta metros do profesor, polo que era complicado distinguir as sinais da santidade. Por riba, eu sentaba no máis alto porque era onde ía dar todos os días Carmen, que tiña uns ollos grandes coma un amencer. Estudar o seu manual non me serviu para aprobar, pero si para aprender a colocar os parágrafos.

Berto asegura que si, que acabou a carreira; pero que dediciu darse a oportunidade de dedicarse a música e de esquivar o MIR. Xa de apostar hai que facelo a todo ou nada, centrarte no que che gusta. "A perpectiva é empezar de cero". Berto decidiu especializarse, pero en música; así que agora traballa como produtor e como compositor. Montou un estudo cativo na casa na que fai todo o proceso cos grupos. "Teño as alfombras, o equipo, todo,... Agora teño a idea e sei as cousas que me funcionan, podo facer unha canción nun día".

Mentres estudaba formara Verto cun compañeiro, Fer, hai dous anos. Triunfaron coa alegra parrodia de ‘Oie, gayego’ e coa intimidade amorosa de Algo que non sexa. O dúo suspendeu a súa actividade polo cansanzo de actuar en directo e pola necesidade de dedicar tempo ao exame de especialidade profesional.

—Foron 35 actuacións en ano e medio. Iso queima. Volver? Non sei que pensara Fer. El anda estudando o MIR. Non desboto volver. Fixemos cousas grandes xuntos. O problema é que botaba 24 horas seguidas con Fer.

Berto agradece o parón do dúo para poder coidarse e acudir a terapia

Berto é fráxil, fácil de ferir e teimudo. Como me está describindo o proceso de disolución de Verto permito que se explique sen interrompilo coas miñas preguntas. As miñas curiosidades poderían desconcentralo.

—Son obsesivo coa música. Hai que ter coidado coa saúde mental e saber descansar. Chegou un momento en que actuar con Verto era horrible porque vías referentes externos positivos. Cantaba Oie, gayego e estaba pasándoo mal. Os concertos era un subidón. Ao día seguinte tiña baixón, levaba mal facer entrevistas, ir á televisión, facía moitas movidas en plan macaco, era coma un macaco que entretiña á xente. Eu estou encantado de ser artista e de ir á tele e subirme ao escenario. Cantaba Oie, gayego e choraba na casa. No último bolo deume un ataque de ansiedade cantando Algo que non sexa, e o público pensaba que me emocionara. Estaba pensando: Que fago aquí?. A imaxe era de meme e broma, e eu quería reflexionar sobre o que pretendía transmitir como artista. Levaba ano e medio buscando soamente a acollida. Fixen o que me apetecía e agora podo volver.

Berto agradece o parón do dúo para poder coidarse e acudir a terapia. Gravou Viaxe ao espazo interior, un álbum conceptual no que fai un percorrido describindo as súas inseguridade e os seus trucos para soportar estar vivo. Lentamente vai pasar fala sobre a paciencia que se aconsella para agarda a que escampe a treboada.

Xa volveu o outro Berto. Gravou a bachata O teu mandil xunto a Mariña Paz, de Furious Monkey House, "algo máis comercial para garitos". Poden sobrevivir sen escoitalo, pero deberían empregar ese tempo en Viaxe ao espazo interior. É un disco de 11 temas sobre os máis desagradables pensamentos. Dez están cantados en galego e un español. Trátase de Tentando escapar e fala sobre cómo absorbe a idea do suicidio. "Estou na vía do tren/ vou tentando escapar a un lugar estelar onde non estés/ no fondo quero crer que vai descarrilar/ quero espertar deste soño fatal no que creo que ninguén me quere querer".

A novela favorita de Berto é Espera a la primavera, Bandini (Anagrama). O protagonista, Arturo Bandini, é un disfraz do propio Fante. Si, Paula Ribó púxose Rigoberta Bandini por ese personaxe

Berto dime que se sente "motivado", tanto que xa ten outro álbum preparado, que, por riba, vai ser dobre. Chámase Dó. Volume 1 e Dó. Volume 2. Son doce temas propios inspirados no folclore español. Hai pasodobres, rumbas, coplas, jota, pero basado de electrónica. Xa está gravado e sairá este ano. A segunda parte aparecerá a principios de 2023.

—Vai de perder alguén querido. A primeira parte fala da frustración, a raiba e o dó; a segunda, da aceptación e de pasar páxina.

Falamos de John Fante. Gústanos aos dous. A novela favorita de Berto é Espera a la primavera, Bandini (Anagrama). O protagonista, Arturo Bandini, é un disfraz do propio Fante. Si, Paula Ribó púxose Rigoberta Bandini por ese personaxe. Na obra un adolescente, fillo de inmigrantes italianos en Estadoso Unidos, sufre a agresividade do pai, alcohólico e promiscuo. No inverno está no paro, así que Bandini ten que agardar á primavera para que o proxenitor pase moitas horas fóra da casa.

Berto tamén espera á primavera. Ten un blog, La Primavera de Bandini. Fai música con esa idea, como o tema que pecha Viaxe ao espazo interior, que se chama Lentamente vai pasar.

—Esa canción faime de ansiolítico. Hai xente que me conta que lle axuda. Unha enfermeira da unidade de saúde mental de Santiago díxome que llo poñían a persoas cun ataque de ansiedade.

Comentarios