Opinión

Perfume e gasoil nos estaleiros de Ferrol

Os circos sobreviven. Con olor a gasóleo e a rinoceronte putrefacto. O circo Arlequín tamén sobreiviu porque tiña dous nomes: Arlequín e Eddy. Instalouse en 2011 en Ferrol. Okupou a pista americana do cuartel Sánchez Aguilera militarmente, sen permiso. Aguantou as pesadas cargas dos tanques  burocráticos durante cuatro años coas súas noites

EN 2015 OS SEUS membros desapareceron e non foi ata dous anos máis tarde que foi embargado. Os remolques e as furgonetas do Arlequín seguen aparcados no cuartel. Están comidos pola fereza das malas herbas, o mofo e os matos. Xesús Constela guioume onte pola paisaxe despois da bomba H. Os restos de comida, as tixolas sen fregar, os coches rosas e morados que ninguén vai arrancar. Parecían a Última Cena sen apóstolos en Chernobil. As gaiolas dos animais, coas súas almas mortas de fame, pedían protagonizar unha reportaxe de especulación trascendental.

Xesús Constela (1963) ten barba e un lunar no centro da fronte, que é o terceiro ollo polo que ve todo o que acontece no seu Ferrol natal aínda que viva en Poio. Tomamos un café nunha mesa aberta á rúa Real ferrolá. Fomos ao Derby, a cafetería coa barra de ferradura que dá sorte á cidade desencantada. O novelista fala esquecendo as pausas para respirar porque o maná do seu discurso cae cargado de lembranzas que sandarán o deserto do real das rúas. Xesús ten unha voz de contrateor en do maior que resulta ben agradable para o seu discurso de corrente continua. Move as mans para ir quitando historias ferrolás dos petos dos pantalóns.

Acaba de escribir unha novela, O peso do cerebro (Xerais), na que non fala de Ferrol, pero si de Cidade Barco, que se cae a cachos, que ten cuarteis e que ten estaleiros con cadáveres de barcos como se fosen baleas dun inmenso circo náutico de xira pola Atlántida. E parece que fala de Ferrol. Como lle contan ao Doutor Herrera, un forense que chega vivir alí "trátase dunha cidade moi acolledora, que xa verás como axiña vas sentir aprecio por ela, que ten unha zona antiga deseñada alá pola época da Ilustración, que, aínda que estea un pouco escarallada, ten o seu aquel". Pero o médico sente "horror" polo sitio que escolleu como destino definitivo, porque lle gustan "as grandes urbes cheas de xente onde sempre hai algo que facer". A Cidade Barco parécelle "o lugar máis provinciano do mundo, alá na periferia de todo, tan lonxe das cousas que máis lle gustaban.

–A miña novela está protagonizada por Honorio, que ten algún tipo de enfermidade mental relacionada coa vellez. Está deitado nunha cama da que o erguen. Lávano, dánlle o almorzo, séntano nun sillón e tápano cunha manta. Vale?


Estes personaxes enfróntanse entre eles. Tratan de desfacerse de Honorio para disolver a procesión, polo que deixaran sen rastro á desesperada Paula e á policía.
 

Unha neta de Honorio, Paula, coida del mentres a familia traballa. Paula sae fumar e o vello desaparece. A rapaza non avisa aos seus, pero si á policía local. Todos van tras un home maior, coa cara con matos sen afeitar, vestido cun pixama de listóns azuis e vermellos, e calzado con zapatillas marróns de cadros. El voa polas rúas na busca dun amor resucitado, a súa muller, Elviriña. Ela fálalle dende ningún lugar: "Achégate. Vén onda min. Pero que suaves tes as mans. Son acolledoras como a manta que sempre dá calor. E ben perfumado que vés. Tes o arrecendo da colonia dos meniños"
No devalar pola cidade cara á banda da ría na que está Elvira vai recollendo personaxes.

–Hai un marqués dunha estatua, un neno que camiña cunha robaliza e dous rondallistas, un que toca un violín e outro que toca un laúde, os dous sen cordas. Vale?

Estes personaxes enfróntanse entre eles. Tratan de desfacerse de Honorio para disolver a procesión, polo que deixaran sen rastro á desesperada Paula e á policía.
Xesús coméntame que meteu na novela un vello patrucio que fala nun ferrolán doutros tempos – "Como non me hei de enoxar, ¡recoira!"–. Ese parrafeo é dunha obra dun irmán da miña avoa materna, Eugenio Charlón Arias, que foi un precursor do teatro galego nos anos 10. Meto frases súas, pero os demáis non o entenden cando fala. Vale?

Os fragmentos que inclúe en O peso do cerebro proceden da obra Mal de moitos, "estreado con ruidento aplauso n-o teatro Jofre d'o Ferrol a noite d'o 29 de mayo d'o 1915", que Charlón escribiu co seu amigo Manuel Sánchez Hermida. A novela ten notas a pé de páxina nas que dúas mulleres comentan cada cousas que pasa na novela, e fan apreciacións críticas sobre o que falan os persoaxes.

–Representa esas cotillas, así en castelán, que hai nas cidades medio pequenas que saben todo sobre a xente da cidade. Vale?

Xesús Constela viviu en Ferrol ata os 18 anos. Toda a ancoraxe coa cidade que lle queda é unha irmá e unhas ganas de pasear a decadencia de cando en vez. É o sexto de sete irmáns. "Algúns lévanme 20 anos. Falan dun Ferrol cheo de esplendor, que eu xa non coñecín".

O escritor coméntame que o maior espectáculo do mundo en Ferrol foi que o levaran no colexio ver a botadura dun barco dende a beira de enfronte

O camareiro do Derby tráenos outro café. Xesús remexe o seu con preguiza. Ergue a vista como se fose proclamar unha revelación bíblica fascinante: a separación das augas do mar Vermello ou a baixada luminosa do arcanxo Gabriel.

–A decadencia de Ferrol comeza en 1972, cando asasinan a Amador e Daniel. Cadra coa fin do franquismo. Había un estaleiro militar, Bazán, e outro civil, Astano, feito por xente que marchara a Bazán para facer petroleiros grandísimos. Construíronse ata que abriu a Canle de Suez. Vale?

–Agora que se atascan os barcos nese túnel exipcio de luz e area podían recuperar os macropetroleiros --apuntei.

Os estaleiros daquel Ferrol "non deixaban de producir barcos e máis barcos de gran tonelaxe. Era unha época dourada. O tecido industrial era enorme. A bisbarra enteira traballaba vinte e catro horas ao día sen descanso. Nunca podía parar. Da produción naval vivían moitas familias de todas as vilas dos arredores, e nas rúas notábase que había cartos. Como non había notarse?"

O escritor coméntame que o maior espectáculo do mundo en Ferrol foi que o levaran no colexio ver a botadura dun barco dende a beira de enfronte. Un petroleiro esvarou por unhas vías de tren submariño, bateu contra o mar como se papase o océano, bailou na auga ata recompoñer a postura e desprazou unha onda que salferiu toda a beira oposta.

Xesús axita a culler para sacudirlle os restos do café. Parece que entra no bucle da desesperanza:

–Cando eu era novo Pontevedra tiña 60.000 habitantes e Ferrol, 85.000; agora é o revés. Está caendo todo o casco vello, o barrio da Madalena. Había un edificio fronte á casa consistorial no que colgaron un cartel que poñía: Zona de Urxente

Reindustrialización. Despois puxeron outro no que se lía: Zona Industrial en Declive.

O autor divide Ferrol: a sociedade da Mariña e a sociedade dos estaleiroo autor divide Ferrol: a sociedade da Mariña e a sociedade dos estaleiro

O peso do cerebro reflicte as dúas sociedades nas que o autor divide Ferrol: a sociedade da Mariña e a sociedade dos estaleiros. "No medio hai unha chea de xente que vive a cabalo das dúas".

Como exemplo do seu discurso ponme a tenda de roupa Rafael y Vicente, un emporio de tres andares. "Vivían dos clientes con cartos e da xastrería militar. Facían todos os uniformes da Mariña e os equipamentos para os camarotes e salóns dos barcos".

Ferrol era a capitanía de zona do Cantábrico, polo que todo o norte de España cumpría alí coa patria obrigada e azul. Non podían volver á casa as fins de semana, o que era un negocio para as pensións e os alugueres de pisos. A maiores, deben sumarse os ultramariños que abastecían aos barcos que zarpaban ou aos que estaban en reparación.

–Á xente de Ferrol gústalle a rúa, pero marchan fóra, á Coruña ou por aí.

O calendario ferrolán baséase na Semana Santa e no Día das Pepitas "porque nos anos 40 deciden imitar a Sevilla. Encargan imaxes e forman confrarías".

Honorio marcha nun bote dese Ferrol. "Hai perfume a esperar ao outro lado da ría. Hai perfume no mundo enteiro. Hai unhas mans coa suavidade da manta a agardar por ti ao pé do peirao. Achégate. Vén onde min. Agárrate. Non te soltes".

Comentarios