jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

As cartas dos mortos

Mais o certo é que a novela —ou historia, ou autoficción, ou ficción epistolar, é un libro que custa moito encaixar en canto ao xenérico sen que isto sexa necesariamente malo— ten o seu interese non no desenvolvemento da cultura ladina senón na súa aniquilación
Táboa

Os a-Levi espalláronse por todo o mundo dende a cidade tesalonicense, daquela pertencente ao Imperio Otomano, e só aqueles que máis lonxe chegaron —ao Brasil, en concreto— ou os que tiveron a sorte do seu lado puideron sobrevivir ao Holocausto.

Stein lévanos da man, a través das cartas da familia separada, conservadas dos xeitos máis diversos polos seus descendentes, por unha historia de drama e morte dentro dunha comunidade que, como a da illa de Corfú, quedou arrasada pola chegada dos nazis. Nalgunhas ocasións o relato resulta confuso por unha circunstancia que escapa ao control da autora: a proxenie de Sa’adi a-Levi foi moi numerosa e seguiu o costume ladino de poñer aos nenos nomes de familiares vivos. De feito, tan ampla é a estirpe que quedan fóra casos de enorme interese: aos a-Levi pertencía, por exemplo, Maurice Molho, o grande hispanista francés, que en realidade nacera en Constantinopla.

Os xudeus franceses remataron case que gaseados por completo e con eles parte da familia a-Levi. Ler a súa correspondencia é mirar por unha fiestra a un mundo de hai décadas

Impacta por riba de todo o caso das pólas familiares que, décadas antes do Holocausto, tomaron o camiño da aculturación. Co obxectivo de medrar dentro das sociedades daqueles tempos, unha parte da familia a-Levi substituíu o ladino polo francés, educouse naquela lingua e algúns mesmo quedaron traballar como profesores na Alianza Israelita Universal, unha especie de liceo francoxudeu.

Ao final, aquilo foi asinar a súa sentenza de morte, xa que cando os nazis invadiron Francia o tradicional antisemitismo francés, simbolizado polo famoso caso de Dreyfus, o xeneral enviado á Illa do Demo acusado de vender segredos militares aos prusianos e en realidade condenado só por xudeu, pasou a ser algo irrelevante: os xudeus franceses remataron case que gaseados por completo e con eles parte da familia a-Levi. Ler a súa correspondencia é mirar por unha fiestra a un mundo de hai décadas e comprobar que máis que a familiaridade, a relixión ou a cultura o que os mantivo unidos foi algo tan fráxil coma o papel, algo que tampouco pode estrañar a quen coñeza, por exemplo, a fascinante historia da geniza do Cairo.

As cartas dos mortos
Comentarios