Opinión

Aguanta, sé forte, diranlle a Rajoy

 

AGUANTA, Mariano, sé forte, diranlle os máis achegados ao presidente do Goberno porque a súa desaparición do liderado popular pode ir aparellada á perda de poder, dentro e fóra do do partido, dunha manchea de colaboradores. Igual que Rajoy lle dixera a Bárcenas cando se coñeceron os papeis que reflectían os pagos a dirixentes e a corrupción que están acabando co PP. Porque a resistencia duns significa o mantemento doutros. E igual que un castelo de naipes, a caída dun arrastra toda a torre. É o inquilino da Moncloa dos últimos sete anos exemplo de imperturbabilidade, cando non pasividade, e posiblemente co apoio dos máis cercanos pretenderá aferrarse á cabeza do PP por moito que debaixo teña os pés de barro que ameazan con esborrallalo todo. Pero tanto se se emprende a refundación como se non se acometen cambios, o futuro político de Rajoy ten un reducido horizonte.

Comentarios