Opinión

Anos de repercusión do de agosto

CÓMO SE puxo agosto, e non só polo aumento de casos de Covid que xa se supoñía polas vacacións e as ansiadas reunións logo de meses de retracción social. Remata o mes do ano no que case nunca pasa nada politicamente con estridentes situacións de groso calibre tipográfico: remoción no PP, investigación a Podemos e fuxida do Rei emérito. E todas de longo percorrido. O movemento popular persegue unha ocupación maior do espazo centrista, polo que o tempo dirá se a decisión é atinada, pero os estudos demoscópicos indican que vai na liña correcta se de chave electoral falamos. A imputación podemita detraerá enerxías na súa defensa, por moito que o líder do partido o negue, e será utilizada durante o proceso como intento de laminación, aínda que remate en nada. E a chegada do monarca aos emiratos do Golfo deixa a monarquía tremendo, cando a súa saída buscaba o contrario. Iso, que do acontecido en agosto haberá quizais anos de repercusión.

Comentarios