viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Atraínte para vivir

CANDO OCORRE un suceso polo mundo o primeiro que consideramos na redacción é se lle afectou a algún galego; igual que esbozamos a posibilidade de que haxa antepasados de aquí de calquera que reciba un premio, dun político que alcance un posto relevante ou dun deportista que sobresaia. E non é inusual, pola magnitude da diáspora galega. Esta sangría histórica non parece ter fin. Cada novo dato que se coñece sobre poboación en Galicia é negativo.

A evolución é alarmante, e non tanto polos datos absolutos, senón pola cantidade de mozos que emigran. A razón de 20.000 ao ano, case todos ben formados que non atopan o que buscan onde naceron. E unha vez fóra, as posibilidades de volta son escasas. E así imos minguando como pobo, con pouco prognóstico de recuperación, porque incluso a comunidade non resulta sedutora para os inmigrantes. O reto é facer Galicia atraínte para vivir.

Atraínte para vivir
Comentarios