Opinión

Contestación no deporte

EMPÉÑANSE AS máximas institucións mundiais en erguer barreiras a mensaxes políticas no deporte porque a súa única pretensión é evitar contestacións que conleven cambios que non sexan os seus. Porque non nos enganemos, como ben dixo Gramsci, "todo é política", e o mundo do deporte non é excepción, non só as reivindicacións que pode haber nas bancadas, senón globalmente.

De feito, non existe goberno que careza do departamento de Deporte, sexa ministerio, secretaría ou dirección xeral; pero precisamente eses e as outras institucións dirixentes vetan rebeldías, como os lazos ou camisetas amarelas independentistas ou calquera lenda que se poida ver ata en camisetas interiores de deportistas, por inocua que sexa. Son excepción as transixencias, como cando no Osasuna-Lugo se entoaron cánticos contra a sentenza da Manada. Porque todo o que rodea o fútbol é moito máis que deporte.

Comentarios