lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Culpables, os outros

A CULPA sempre é dos demais. A autocrítica coa que se flaxelaron colectivos de esquerda xa non se estila e para tapar erros propios como defensa recórrese ao ataque a outros hipotéticos responsables. Houbo un tempo no que por aquí todo era imputable a Zapatero, e agora preténdese trasladar a Sánchez e a Iglesias; lóxico, porque son os que gobernan e polo tanto os que toman decisións, aínda que moitas materias se teñan transferido. Pola outra beira, onde se pode, acúsase aos executivos autonómicos polo recorte sanitario,  ou incluso aos xestores anteriores pola herdanza. Alén do Atlántico, Trump atribúe os miles de mortos estadounidenses á OMS e a China, e incluso á oposición, que non lle deixa facer o que quere no Congreso, todo con tal de non inculparse. Reclámase unión pero a pesar da crise brutal que asola o mundo séguese practicando unha política rastreira. Só Portugal parece excepción, por máis que o miremos por riba do ombreiro.

Culpables, os outros
Comentarios