Opinión

Decisión xudicial por repercusión social

OS POLÍTICOS gañáronse a pulso a desafección popular, aínda que cando chegan as eleccións os datos de participación non varían moito. Pero polo menos existe a posibilidade de reprobalos cada certo tempo. Os xuíces están tomando decisións para que a animadversión aumente contra o poder xudicial, aínda que aquí os cidadáns pouco poden facer.

Nin sequera cando un tribunal, e non un calquera, se retracta ás poucas horas dunha decisión porque considera que a decisión ben tomada hai que deixala en suspenso porque amola un sector económico. Ou sexa, que non defende a xente, senón a banca. seguindo o mesmo criterio, os políticos cataláns na cadea polo procés tamén poden reclamar que non se apliquen as decisións do supremo pola "enorme repercusión social", que é o mesmo criterio que se usou no caso das hipotecas. Andan máis espelidos os maxistrados por defender a sociedade dos humoristas mordaces que dos usureiros, eses que sempre gañan.

Comentarios