Opinión

Demasiadas bombas a desactivar

CERTO É que Podemos peca de sobreactuación, pero negarlle que existiu unha policía política que fabricou informes contra os seus rivais que logo os medios afíns publicaban como periodismo de investigación é contradicir evidencias. A base documental coñecida amosa que o Ministerio do Interior que dirixía Jorge Fernández Díaz (ese que condecoraba virxes por prestar unha relevante colaboración á Garda Civil) recorreu a fondos públicos para elaborar investigacións falsas contra PSOE, Podemos e dirixentes independentistas. Sumidoiros, chámalles despectivamente o líder podemita, que posiblemente sempre existiran, aquí e en calquera outra administración, pero habitualmente destinados a preservar o Estado, non un partido político. Por moito que o líder popular recalque que daquela carecía de mando, así non desactiva esta bomba debaixo da súa cadeira, unha máis xunto as de Gürtel, caixa b ou Púnica. Demasiados explosivos.

Comentarios