Opinión

Desaloxado por non ter abandonado

SUMA suficiente por primeira vez unha moción de censura a un presidente do Goberno case corenta anos despois de que Felipe González fora pioneiro destas iniciativas, só catro en España, as dúas últimas separadas por un ano. Como un antisistema, Rajoy tivo a posibilidade de abandonar a casa ocupada pero preferiu o desaloxo, aguantando ata que as forzas parlamentarias (todas menos as súas, Cs e CC) o levan por diante en vez de facer as maletas tras a sentenza que considera probado que o PP mantivo un método de corrupción institucional a través de mecanismos de manipulación da contratación pública. E no debate aínda se preguntaba o presidente por que debía dimitir. Pois se o fixera, daríalle oportunidade ao partido para a renovación desde arriba e incluso, tras a aprobación dos orzamentos, poder rematar a lexislatura cun novo líder. Agora queda o PP nunha posición aínda máis delicada.

Comentarios