Opinión

Desprezos na liorta política

INSULTA QUE algo queda, debe pensar Pablo Casado cada vez que lanza unha mensaxe, porque ultimamente ao poñerse diante dun micro recorre á linguaxe máis pexorativa na liorta política, cunha única diana, Pedro Sánchez. Traidor, felón, incompetente, incapaz, desleal, mediocre. Estes son só algúns adxectivos cos que o novo líder do PP agasalla ao presidente do Goberno, ao que tamén considera usurpador, covarde ou irresponsable nunha xerga armada de desprezo coa que poderá pasar á historia como o líder máis despectivo de seguir con este agresivo método alternativo ao argumental que, por certo, non comparten moitos outros dirixentes populares e causa malestar entre boa parte dos seus correlixionarios nalgunhas comunidades, incluso en varias que o apoiaron para a presidencia do partido. Hai palabras que son armas cargadas de futuro, como dicía Gabriel Celaya, pero hai outras ateigadas de pólvora que ameazan con estourar.

Comentarios