Opinión

Humanidade en vez de trolas sobre os inmigrantes

COMO non son nativos de aquí, que morran no mar ou en calquera outro lugar pero que non atravesen as fronteiras, non vaia ser que coa súa chegada perdamos privilexios. Hai millóns de españois ultranacionalistas que así opinan, xenófobos carentes de humanidade. Aproveitan as noticias falsas sobre a inmigración para agrandar este grupo racista e desapiadado, á parte de desinformado que repite mentiras, como que os que veñen de fóra colapsan a sanidade, cando só representan o 5% dos usuarios, ou que acaparan as axudas sociais, cando só o 12% corresponde a estranxeiros, que pola contra favorecen o incremento da riqueza do país porque a inmensa maioría é xente nova e sana. E non, non rouban o traballo, en ningún caso se despide un nativo para contratar un  foráneo. Sería absurdo, como todas as trolas que destapan a mala xente que hai detrás das súas reproducións.

Comentarios