Opinión

Indolencia interesada coa lei

EN PASADOS días de descanso puiden gozar da beleza da España interior, pequenas vilas cheas de historia e demograficamente vidas a menos nas que non parece pasar o tempo. Localidades ás que logo de doce anos en vigor aínda non ten chegado a lei da memoria histórica. No norte da provincia de Burgos, encaixadas nun territorio entre as comunidades de Cantabria e o País Vasco, non é infrecuente atopar monumentos que enxalzan ou homenaxean os vencedores da Guerra Civil, e non precisamente en lugares discretos. Oña, Barcina, Poza de la Sal, pertencentes a unha subcomarca unida turisticamente como Raíces de Castilla, representa un exemplo claro de incumprimento normativo. Representantes públicos que posiblemente enarboraban a lei cando de Cataluña se trataba, infrínxena aquí, deixan pasar o tempo sen aplicala, a ver se esmorece nun anómalo exercicio de interesada indolencia.

Comentarios