Opinión

Intentos de acoutar a liberdade

UNHA COUSA é que lles moleste e outra ben distinta que se incite á violencia contra eles. O humor, a crítica, a opinión ou calquera outra disciplina poden ser transgresores, e iso incomoda, pero unha manchea de situacións que poden irritar non son delito, en contra do que opina a Asociación de Avogados Cristiáns, que á mínima está no xulgado demandando. Hai pouco máis dun mes arquivouse a causa contra unha drag queen por utilizar elementos relixiosos nunha actuación en Canarias. Agora está en pleno proceso contra una actor por «insultar a Deus» logo de que este mesmo atacara á maxistrada que abriu xuízo contra tres mulleres que participaron nunha contestataria procesión da cona insubmisa. A protesta, a crítica ou a queixa, e non só polas crenzas, están en cuestión. A inmensa maioría das denuncias por ofensa ao sentimento relixioso queda en nada, pero deixa en dúbida a liberdade.

Comentarios