miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Máis dura por imprevista

INESPERADA. A nova fronte contra a que ten que bater o Goberno non era previsible, porque as pensións estaban retiradas da liorta política polo Pacto de Toledo e ademais o colectivo afectado, por medo, desidia, deixadez, conformismo, falta de folgos ou conservadorismo non parecía propicio a batallar. Á parte de ser heteroxéneo, que dificulta a súa harmonía reivindicativa. Pero os xubilados volvéronse combativos polo desprezo da última suba, do 0,25 por cento, que representa de media un par de euros ao mes, cando a inflación foi superior ao 1 por cento. Ás aperturas xúntase a perda de poder adquisitivo. E a inconcreción  do presidente no último debate no Congreso lonxe de atenuar as queixas irrita aínda máis a quen se sinte agraviado e ameaza con un 15-P, de pensionistas, a modo da indignación que estourou o 15-M polo malestar social. Agora tamén esa intranquilidade existe.

Máis dura por imprevista
Comentarios