jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Máis que medidas populistas no medio rural

APENAS COÑEZO máis que medidas populistas inútiles aplicadas para fixar poboación no medio rural. Dar uns miles de euros por nacido non soluciona o problema, igual que o cheque-bebé para favorecer a natalidade que se inventara Zapatero nunha campaña electoral e que vén de recordar o exministro Solbes como unha das decisións inútiles contra a crise, ademais de outras contraproducentes como o plan E ou a devolución de 400 euros no IRPF. Si axudaría que nas zonas rurais os seus residentes puideran desgravar máis na renda, exencións fiscais maiores para negocios, incluso un Ive máis reducido ou rebaixa nas cotizacións á Seguridade Social. Nada acabado de inventar, senón medidas sobadas sobre crise demográfica, pero que ningún executivo concreta nin implementa. Porque os gobernos non queren e os concellos apenas poden. A ver se agora atina a Xunta co seu plan.

Máis que medidas populistas no medio rural
Comentarios