Opinión

Non nos entenden, non

Madrid (chamarémoslle así aos partidos centralistas, para entendernos) non comprende a periferia, sobre todo os dixirentes das tres dereitas, incluídos os actuais do PP. E algúns anteriores tampouco. En tempos, Esperanza Aguirre fixo ademán de enfrontarse a Rajoy pola presidencia popular, pero cando botou contas decatouse de que non chegaba ao 20 por cento dos apoios, é dicir, Madrid, a Comunidade Valenciana e pouco máis. Pois España é complexa abondo, variada ás beiras do centro, e por iso o PP actual non entende a Feijóo por rexeitar a Ciudadanos, porque cre que todas as comunidades son iguais. E non, e como di o himno galego, "non nos entenden, non". Cs en Galicia é residual, por iso o presidente non cedeu a pesar de Génova, 13. E defender a autonomía non fai nacionalista a Feijóo, como cre Vox desde a ignorancia e a distancia, porque pretende inconstitucionalmente que todo sexa como no barrio de Salamanca, sen inmigración pobre e cun idioma só.

Comentarios