viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Pouco máis dá quen gañe

CHEGA o día de contar os votos en Estados Unidos e polo que din as enquisas está moi igualado, semellante ao que ocorría hai catro anos. A decisión dos norteamericanos enténdese determinante para o resto do mundo, porque as resolucións na principal economía planetaria poden influír nas domésticas dos demais estados. Os analistas consideran que a vitoria de Biden favorecería as exportacións europeas, e o seu multilateralismo facilitaría unha maior fluidez UE-EE.UU., pero realmente en acción exterior historicamente non existen grandes diferenzas se o presidente é demócrata ou republicano. Pero algunhas hai, sobre todo no ton, e ese aventúrase máis calmado con Biden e máis estridente con Trump. Case só niso; a relación transatlántica con Obama ou o actual inquilino da Casa Branca non foi tan distinta. Dise que todos deberiamos votar nestas eleccións pola súa transcendencia no mundo, pero fixándose ben para aquí pouco máis ten quen gañe.

Pouco máis dá quen gañe
Comentarios