jueves. 20.01.2022 |
El tiempo
jueves. 20.01.2022
El tiempo

Preocupa pouco a violencia machista

Tivo que aclarar a Fundación do Español Urxente no día de folga do xoves que feminismo non é antónimo de machismo, senón que se trata dun movemento pola igualdade de dereitos de homes e mulleres. Pero realmente quen non sexa feminista é machista (ou o seu contrario, que algunha tamén hai). Por iso a mobilización non defendía unha posición de prevalencia da muller, senón ecuanimidade. E de paso alertar contra a violencia de xénero, que parece importarlle a moi pouca xente neste país, segundo se reflicte no barómetro do CIS, un pírrico 2,4 por cento da poboación, a pesar de que nos últimos quince anos houbo un millar de vítimas mortais, máis das que deixou Eta no seu medio século de sanguenta historia. Ou sexa, que incluso moi poucas mulleres está preocupadas por que algunha delas (arredor de medio cento cada ano) perda a vida a mans da súa actual ou exparella.

Preocupa pouco a violencia machista
Comentarios