domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

As présas, malas conselleiras

AS PRÉSAS non son boas conselleiras, di un refrán que non seguiu C's na súa intención de chegar canto antes a gobernar. E agora está descolocado. Esa ansia anubou os estrategas dun partido que medrou ao abeiro dun nacionalismo español ás veces tan rancio que recorda épocas escuras, como cando Albert Rivera asegurou que entre todos os cidadáns do país só vía "españois", nun discurso cargado de uniformismo que evocaba a outro Rivera, José Antonio Primo de Rivera. Preguntábase Blaise Pascal no século XVII se a présa era a pasión dos necios, e algúns obstínanse en contestarlle afirmativamente. Porque a celeridade ás veces xoga malas pasadas, como cando un atleta sae a toda velocidade nunha proba de resistencia e logo, desfondado, é superado polos rivais. C's, único interesado en que haxa eleccións xerais pronto, terá que agardar ao mellor dous anos, e iso en política é unha eternidade.

As présas, malas conselleiras
Comentarios