lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

A proba a capacidade de resiliencia

A PRIMEIRA sentenza sobre Gürtel pon a proba, moito máis cás anteriores veces, a súa demostrada capacidade de resiliencia. Porque o PP ata agora foi adaptándose a cada situación incómoda que se lle presentou. Certo que xa eran demasiados os "casos illados" de perversión que se deron en destacados dirixentes do partido —botar unha ollada aos gabinetes de Aznar xa amosa unha manchea deles—, pero agora é o colectivo o condenado por ser partícipe dun "sistema de corrupción institucional a través de mecanismos de manipulación da contratación pública a través da estreita relación con influentes militantes do PP". Así consta nun fallo que acredita a existencia de caixa B e que se beneficiou da trama para sufragar campañas electorais. Por moito que o PP se escude en que non tivo responsabilidade penal, logo desta sentenza vaille ser imposible rebater que o tachen de partido corrupto.

A proba a capacidade de resiliencia
Comentarios