jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Radicalización, con Cataluña como escusa

A POLÍTICA española xira arredor de Cataluña desde hai anos. Nos últimos, con máis intensidade. C's medra desde o esquinazo nordeste no que naceu polo seu acendrado nacionalismo español, que leva tácito o rexeitamento de calquera reivindicación periférica. Nesa loita radicalizada por ver quen iza a bandeira española máis grande, o PP sempre foi á estela do partido laranxa, e agora parece que lle toca ao PSOE erguer un estandarte aínda maior como mensaxe político para o resto de España. Propón un cambio no Código Penal e estender o delito de rebelión máis aló dos golpes militares como está concibido agora para lanzalo contra os secesionistas. Pero como a español non quere Rivera que lle gañe ninguén, reclama que se endureza o 155 en vez da desaparición que debería ir implícito á formación do Govern, para controlar finanzas, mossos e TV3. Extremismo anticatalán polos votos españois.

Radicalización, con Cataluña como escusa
Comentarios