Opinión

Transgresores defensores da lei, non cadra

JAVIER Cercas vén de gañar o premio Planeta cunha novela na que o protagonista é un policía delincuente, un convicto que se reconverteu a mosso d’esquadra. Non é preciso rebuscar demasiado para atopar casos reais de infractores integrados despois nos corpos de seguridade do Estado. Un teórico cambio de bando. É legal, porque se unha vulneración da lexislación prescribe, desaparecen os antecedentes, como se fose unha persoa nova que pode ter outra oportunidade. Iso é precisamente o que busca unha atleta española profusamente distinguida polos seus éxitos deportivos ata que foi desposuída dos títulos por dopaxe. Marta Domínguez insiste en ser policía, agora local de Palencia logo de intentalo sen éxito como nacional nunha oposición na que non superou a proba teórica. É lícito intentar ser membro das forzas da orde, pero resulta anacrónico que quen estivo á marxe da legalidade pase sen arrepentimento a autoridade e a defender a lei.

Comentarios