martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Xestión a distancia e reprobable

ZOIDO, que dirixe o Ministerio do Interior unha boa parte do tempo desde Sevilla, como Puigdemont podería manexar o Govern desde Bruxelas, esvarou co temporal que deixou atrapadas miles de persoas durante día e medio na autoestrada ás aforas de Madrid. Tempo atrás xa fora reprobado no Congreso pola súa xestión na reubicación de refuxiados. E iso que só leva pouco máis dun ano no cargo. En ambos os dous casos xustificouse, tanto que case parecía adalide de boa alta dirección; igual que cando dá conta das actuacións dos corpos de seguridade en Cataluña polo referendo. Pois se a tarefa policial, como se presupón, era impedilo, non se conseguiu, a pesar de algúns excesos, que o ministro non recoñece, na aplicación da violencia que legalmente monopoliza o Estado, como así foi definido por Max Webber. Cada ministro do Interior parece empeñado en facer mellor o predecesor.

Xestión a distancia e reprobable
Comentarios