Cultura

O galardoado documental de Brais Revaldería sobre o Arde Lucus, dispoñible xa na internet

O documental Arde Lucus, no que o realizador lucense Brais Revaldería mostra "unha das máis interesantes e orixinais recreacións históricas xamais vista", atópase xa dispoñible en aberto na internet. "Hai máis de 1.700 anos as murallas de Lucus Augusti custodiaban o fin do mundo coñecido, no presente os descendentes dos pobos Romano e Castrexo que habitaban a zona recrean a convivencia de ambas as culturas durante un fin de semana no mes de xuño", explica o autor na sinopse da longametraxe, dunha hora de duración, que nos últimos anos cultivou numerosos recoñecementos e unha trintena de premios.

Comentarios