O Enniskerry GAA, un modesto equipo irlandés de fútbol gaélico, rozou a traxedia este sábado mentres se atopaba celebrando unha vitoria na copa.
O plantel estaba a darse un baño de masas subida encima dun camión que circulaba polas rúas da aldea de Enniskerry, cando unha das varandas cedeu, provocando que boa parte do grupo se precipitase á estrada desde unha altura considerable.
⚽🙏🏻¡DURA CAÍDA! La celebración casi termina en tragedia. Con el título en la categoría Junior B del fútbol irlandés, el Enniskerry salió a festejar con su gente, pero una baranda del autobús cedió y varios de los miembros del club cayeron.
— La Otra Cara Del Deporte (@otracaradeporte) 13 de octubre de 2019
📹: @gaacraic (IG) pic.twitter.com/ac42jhsfGw
O suceso saldouse con nove xogadores feridos –algúns graves–, que tiveron que ser trasladados a un centro médico, aínda que non se teme pola vida de ninguén.