Galicia

Afluencia "masiva" no plenario de En Marea

En Marea abre este sábado na Facultade de Económicas de Santiago o seu período de renovación interna coa celebración dun plenario no que o sector crítico, agrupado ao redor da denominada Mesa da Confluencia, presenta unha emenda á totalidade á xestión da dirección que encabeza Luís Villares. Unha renovación que se culminará coas eleccións internas ao Consello das Mareas, máximo órgano de dirección do partido instrumental. Precisamente o regulamento do proceso é un dos principais focos de atención da cita deste sábado, xa que dirección e Mesa só comparten a data da celebración das votacións: a primeira fin de semana de decembro. O evento tivo que ser suspendido temporalmente pola asistencia de persoas sen acreditación. O portavoz da formación, Luís Villares, saudou a "afluencia masiva". VÍDEO: PEPE FERRÍN (AGN)

Comentarios