20 de marzo de 2020 (15:01 h.)
A alcaldesa do municipio valenciano de Massalavés, Puri Noguera, tivo que pedir desculpas por un "grave erro", o que cometeu cando, este xoves, se saltou o confinamento establecido ante a crise do coronavirus para saír á rúa a celebrar o día de San Xosé. A rexedora recoñeceu que foi "unha irresponsabilidade que non ten xustificación", despois de que se divulgasen vídeos nos que se ve que está (ao fondo da imaxe) xunto a un grupo de persoas que bailan na rúa con música.