martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Vídeos

O Coro Encaixe fai seu o tema principal de 'Fariña'

O Coro Encaixe, gañador dos Premios Martin Códax na categoría de Música vocal, vén de versionar o tema principal de 'Fariña', a exitosa serie sobre o narcotráfico en Galicia que finalizou hai unhas semanas a súa primeira temporada.

"Pois como nós tamén temos morriña de 'Fariña' (da serie eh!) decidimos facer unha versión da magnífica intro de Iván Ferreiro", escribiu a formación na súa conta de Facebook.