Vídeos

O dramático momento en que unha nena corre pola cornixa dun quinto piso

A inconsciencia dunha nena que corretea polo saínte dun edificio en Tenerife a máis de 15 metros de altura foi gravada por un turista desde outro inmoble. As imaxes xean o sangue ante o grave perigo ao que se ve sometida a pequena,  que mesmo se tropeza nun momento do seu percorrido pola cornixa, de apenas 30 centímetros de ancho, pero afortunadamente saíu ilesa da experiencia. Ao parecer, aproveitou o momento en que a súa nai estaba na ducha para saír ao exterior.