Vídeos

Un home morre afogado tras propoñerlle matrimonio á súa noiva baixo a auga

A romántica idea dun mozo estadounidense que decidiu pedirlle matrimonio á súa noiva baixo a auga acabou nunha inesperada traxedia. A parella atopábase de vacacións en Tanzania, nun hotel no que as habitacións están mergulladas uns catro metros cunha gran ventá para admirar a paisaxe acuática, e el decidiu aproveitar esa circunstancia. En bañador e a pulmón, mergullou ata colocarse alén do cristal e mostrarlle unha nota á súa muller na que dicía: "Non podo aguantar a respiración o suficiente como para dicirche canto te quero. Cada cousa que adoro de ti fai que che queira máis cada día. Queres casar comigo?". A continuación, móstralle o anel de pedida, mentres a moza gravaba a escena, claramente emocionada. Ao final do vídeo obsérvase o home no seu camiño á superficie. Pero ao parecer acabóuselle o osíxeno antes de poder saír e pereceu afogado.