Vídeos

A euforia dunha reporteira ao saber que lle tocou o Gordo

A reporteira de TVE Natalia Escudero informou durante unha conexión en directo de que lle tocara o Gordo da Lotería de Nadal. "¡Non mo creo!, dicía a xornalista mentres o celebraba nun bar de Alacante que repartiu uns 40 décimos do número premiado. En plena euforia e con media botella de champán por riba súa, Escudero avisou aos seus compañeiros de plató de que o luns no iba ir traballar. "¡Mañá non vou!", insistiu.