Vídeos

Un grupo de xabaríns salta desde unha azotea en Xirona

As cámaras de seguridade dunha fábrica de Viladrau, en Xirona, captaron a impactante caída ao baleiro dun grupo de catro xabaríns que saltaron desde unha azotea. Tres deles saíron milagrosamente ilesos, aínda que o cuarto non sobreviviu. Sospéitase que escapaban dunha batida de caza.