Vídeos

Márquez asina a paz con Rossi

O español Marc Márquez (Repsol Honda RC 213 V), quíntuple campión do mundo de MotoGP, afirmou este martes que o que está facendo o italiano Valentino Rossi con 40 anos é "increíble", aínda que marcou distancias e suliñou que ser amigo dun rival, "sexa Valentino ou non", é algo "moi difícil, case imposible".

As dúas grandes estrelas da categoría asinaron as paces no circuito de Termas de Río Hondo. O italiano deulle a man e felicitou ao español poa victoria sobre o trazado arxentino, unha imaxe moi distinta da de hai un ano, cando os dous chocaron dentro e fora da pista.