Vídeos

Marta Sánchez perde o vestido durante un concerto

O vestiario xogoulle unha mala pasada á cantante Marta Sánchez durante o o concerto que ofreceu o domingo en Torrelavega (Cantabria). No medio da súa actuación rompéuselle o vestido e a artista quedou cunha tea transparente que deixaba ver o seu torso espido. En lugar de abandonar o escenario, a veterana solista optou polo humor, agarrouse o vestido e seguiu cantando con naturalidade ata que unha compañeira axudouna a taparse cunha chaqueta.