Vídeos

Rosalía sorprende con 'Juro que', unha volta ao flamenco máis puro

Rosalía escolle os tangos tradicionales no novo sinxelo que acaba de publicar, Juro que, un tema carcelario producido por ela e por El Gincho no que xura que o "empeñará todo", o seu "bolso Gucci, diamantes y marfil", para sacar ao seu "niño".

"Que ya lleva mi niño preso más de cuatrocientos días. Le tenía abrazado en la cama cuando llegó la policía. Ni un beso pude darle de despedida y eso me arde", así arrinca o tango puro cos seus característicos efectos sonoros que a artista nominada a dous premios Grammy canta ao actor Omar Ayuso (Élite), quen interpreta ao seu amor encarcelado.