Vídeos

Vinte anos do accidente que levou por diante a ponte das Pías

Na madrugada do 13 de xaneiro de 1998, o vento ceibou das súas amarras no peirao de Astano ao Discoverer Enterprise. O temporal deixou á valga o buque de 254 metros de eslora, 30 de manga e 103.000 toneladas de desprazamento. Unha mole que foi bater co seu costado de estribor contra a ponte das Pías, que acabou rachando. O espectáculo inicial de ver encastrado na ponte un dos maiores barcos de prospección petrolífera do mundo deulle paso á desesperación do tráfico rodado durante varios meses. As imaxes do vídeo son do día seguinte pola mañá e pola tarde, momento en que o barco foi recuperado en pouco máis de dez minutos aproveitando a marea alta das 17.00. CÉSAR GALDO PAZ (YOUTUBE)