Agustín Hernández xustifícase tras lanzar lixo ao Sar: "Levaría unha bolsa se tivese previsto baixar ao río"

O portavoz popular lamenta que Santiago sexa "coñecida por desgraza" por esta "contaminación extrema e o vergoñoso pregón do Entroido"

O portavoz municipal do PP, Agustín Hernández, asegurou este venres, tras lanzar lixo á auga no marco dun acto convocado para denunciar contaminación, que "levase unha bolsa se tivese previsto baixar ao río" Sar. 

Preguntado no marco dunha comparecencia sobre a depuradora de Santiago sobre se considera o máis adecuado lanzar lixo ao río para denunciar a contaminación do mesmo, o exconselleiro de Medio Ambiente recoñeceu que debía levar " unha bolsa". 

"Quizais é certo que levase unha bolsa se tivese previsto baixar ao río, que non o tiña previsto. Unha bolsa non, debería levar moitísimas bolsas, porque mire que había lixo alí", subliñou. 

En todo caso, aclarou que no acto do mércores "non estaba previsto" que baixase ata a beira e incidiu en que "se trataba de denunciar a degradación ambiental do Río Sar, a porcallada que hai nas marxes e a contaminación que hai na auga". 

Así, preguntado sobre o cualificativo de "postureo político" do rexedor compostelán, Martiño Noriega, Hernández replicou que "o transcendente é a denuncia sobre a situación ambiental". 

Preguntado sobre o cualificativo de "postureo político" de Martiño Noriega, Hernández replicou que "o transcendente é a denuncia sobre a situación ambiental"

 

"Santiago hoxe é coñecida por desgraza por dúas cuestións: pola contaminación extrema do Río Sar e polo lamentable e vergoñoso pregón do Entroido", sentenciou. 

REDES SOCIAIS. Hernández insistiu en que o obxectivo da súa acción do mércores era "dar visibilidade a un problema ambiental e de emerxencia que existe no Río Sar". 

"Tiven uns colaboradores que non esperaba pola tarde do mércores porque esa denuncia foi amplamente difundida polo alcalde, os concelleiros e os seus seguidores nas redes sociais, polo que estou satisfeito", manifestou. 

Por iso, reiterou que "hoxe é coñecida esa contaminación no Río Sar grazas a esa divulgación", comentou en relación ao vídeo difundido por redes sociais no que se ve ao concelleiro popular tirando lixo á auga tras recollela na marxe do río. 

"O obxectivo era denunciar a contaminación no Río Sar, é unha cloaca ao aire libre e grazas a ese traballo d divulgación é coñecido en toda Galicia e creo que en moitos sitios de España", afirmou, para convidar "a quen queira a que vaia ao Río Sar e compróbeo". 

Neste sentido, reprochou que "dedicaron moito tempo concelleiros e o alcalde para andar nas redes sociais". "Non se se dedicasen ese tempo a traballar probablemente os veciños gañariamos máis", apostilou. "En todo caso, o obxectivo, que era denunciar a situación do Río Sar, foi alcanzado", concluíu. 

Comentarios