jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Os 39 mortos atopados nun camión en Essex eran todos vietnamitas

O camión frigorífico no que se atoparon os 39 corpos en Essex. EFE
O camión frigorífico no que se atoparon os 39 corpos en Essex. EFE
A Policía británica xunto a unha delegación vietnamita encargouse da súa identificación

Os 39 cadáveres achados o pasado mes nun camión frigorífico nun polígono industrial de Essex (este de Inglaterra) xa foron identificados son todos de orixe vietnamita, confirmou este xoves a Policía británica.

Nun comunicado, a Policia de Essex encargada da investigación indicou que xa foron informados os familiares das vítimas -31 homes e 8 mulleres- atopadas dentro da cámara refrixeradora do vehículo, na localidade de Grays.

Tamén as autoridades de Vietnam afirmaron que as vítimas eran desa nacionalidade e precisaron as provincias das que procedían: Hai Phong, Hai Duong, Nghe An, Ha Tinh, Quang Binh, Thua Thien e Hue.

Nunha nota, o Ministerio de Seguridade Pública vietnamita engadiu que as vítimas foron identificadas con axuda da Policía británica e expresou as súas condolencias aos familiares e amigos dos falecidos.

O anuncio foi realizado despois de que unha delegación vietnamita viaxase ao Reino Unido o pasado sábado para traballar na identificación das vítimas.

Os 39 mortos atopados nun camión en Essex eran todos vietnamitas
Comentarios