Amazon contratará a máis de 4.600 persoas en España para a campaña de Nadal

A compañía prevé crear 600 novos empregos fixos no país
Trabajadores en una planta de Amazon. AEP
photo_camera Traballadores nunha planta de Amazon. AEP

Amazon contratará a máis de 4.600 novos empregados para a campaña de Nadal en España, como reforzo na súa rede de centros loxísticos, de distribución e estacións loxísticas, segundo informou a compañía. 

O director de operacións de Amazon en Francia, Italia e España, Fred Pattie, explicou que os novos empregados terán a oportunidade de formarse no campo da loxística, puntualizando que, cada ano, centos de empregados que traballaron en Amazon durante o último trimestre acábanse unindo á compañía de xeito fixo. 

Os traballadores que se incorporen a Amazon durante a campaña de Nadal uniranse aos empregados dos cinco centros loxísticos, dous centros de distribución, dous centros loxísticos urbanos e once estacións loxísticas cos que conta Amazon en todo o país para axudar a recoller, empaquetar e enviar os pedidos dos clientes. 

Ademais dos 4.600 novos postos deste Nadal, este ano Amazon prevé crear 600 novos empregos fixos en España, aumentando o seu persoal de 4.800 a máis de 5.400 empregados antes de finais de 2019. Amazon investiu máis de 1.100 millóns de euros en España desde o lanzamento de amazon.es, en setembro de 2011. 

Os candidatos interesados en optar a estas vacantes durante a campaña de Nadal poden obter máis información e presentar a súa solicitude en liña na www.trabajaenamazon.es 

Comentarios