jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Oito comunidades dan xa mostras de estar a frear a propagación do virus

Un profesional sanitario realiza una prueba de Covid-19. EP
Un profesional sanitario realiza una prueba de Covid-19. EP
Son Extremadura, Cantabria, Murcia, Baleares, Canarias, País Vasco, Asturias e Navarra

Un dos principais obxectivos do confinamento é rebaixar o potencial de transmisión do Covid-19 e oito comunidades autónomas dan xa mostras de estar freando a propagación do virus entre a súa poboación. Con Extremadura, Cantabria, Murcia, Baleares, Canarias, País Vasco, Asturias e Navarra.

Así o indica o último informe do Centro Nacional de Epidemioloxía, que analiza a evolución diaria da pandemia con datos remitidos polas comunidades ata o 2 de abril, cun total de 117.710 casos contabilizados. Na súa lista aínda non inclúe a Galicia, como tampouco a Madrid ou Cataluña, as comunidades con máis casos.

Xunto á evolución das cifras de positivos e falecidos, a mirada dos epidemiólogos céntrase no denominado "número reprodutivo básico" do Covid-19 (R0) --a media de casos secundarios (contaxios) que causa unha persoa infectada-- e a meta é situalo por baixo do 1. Segundo o último informe, España achégase ao obxectivo, co R0 nun 1,05 (fronte ao 1,1 do día previo).

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, recoñeceu este venres que ese índice é clave á hora de reformularse o confinamento e "valorar se se pode relaxar o illamento", pero alertou tamén do risco de retroceder se non se continúan aplicando "as medidas necesarias o tempo necesario".

Galicia supera a taxa española de crecemento da epidemia, pero está moi por baixo da media estatal na de letalidade 

O mellor indicador nestes momentos preséntao Extremadura (0,68), seguida de Cantabria (0,72), Murcia (0,77), Baleares (0,86), Canarias (0,89), País Vasco (0,93), Asturias (0,97) e Navarra (0,98). O de Galicia é de 1,2.

Os datos tamén evidencian un descenso practicamente xeralizado na taxa de crecemento da epidemia, que mide o incremento porcentual medio de casos nas dúas últimas semanas e que se sitúa neste último informe nun 5,7%. En Galicia é superior, do 7,92%.

Tamén baixa a taxa de letalidad, a porcentaxe de defuncións entre os casos diagnosticados de Covid-19, situado agora nun 8,5%. Madrid, Castilla-La Mancha, Extremadura e Cataluña encabezan a lista con índices que superan a media do país. Galicia está neste caso moi por baixo, cun 2,3%. 

Oito comunidades dan xa mostras de estar a frear a propagación do...
Comentarios