viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Conceden un permiso de seis días a Urdangarin, o segundo desde que está en prisión

Urdangarín, llegando al Hogar Don Orione en Pozuelo de Alarcón JJ GUILLÉN
Urdangarín, llegando al Hogar Don Orione en Pozuelo de Alarcón JJ GUILLÉN
O cuñado do Rei xa gozou doutro en Nadal

O xuíz de Vixilancia Penitenciara concedeu un permiso de 6 días a Iñaki Urdangarin, en prisión polo caso Nóos, segundo soubo Efe por fontes xurídicas, que recordaron que este será o segundo que goce o cuñado do Rei desde que está no cárcere.

Foi o xulgado de Vixilancia Penal número 1 de Valladolid quen atendeu a solicitude do cárcere de Brieva (Ávila), onde Urdangarin permanece ingresado desde o 18 de xuño de 2018.

Iñaki Urdangarin, segundo o auto do xuíz, cumpre os requisitos para obter este permiso: estar clasificado en segundo grao (o réxime ordinario), cumprir a cuarta parte da condena e observar boa conduta. 

O marido da infanta Cristina, condenado a 5 anos e 10 meses de prisión por malversación, prevaricación, fraude á Administración, dous delitos fiscais e tráfico de influencias no caso Nóos, gozou do seu primeiro permiso penal en Nadal.

Aínda que o interno solicitara que fose de 7 días, finalmente o xuíz concedeulle un de 4, que comezou a contar o día de Noiteboa cando concluíu a súa tarefa de voluntariado nun centro de Pozuelo de Alarcón (Madrid), onde acode tres días en semana (luns, mércores e venres). 

Coa súa clasificación actual, Urdangarin ten dereito a gozar dun total de 36 días ao ano fóra do cárcere, cun tope máximo de 7 días de duración por cada permiso.

Non observar mala conduta, que non resulte probable o quebrantamento da condena, que tampouco sexa previsible a comisión de novos delitos ou que o permiso poida repercutir negativamente no programa individualizado de tratamento do preso son algúns dos criterios a ter en conta para a concesión. 

Conceden un permiso de seis días a Urdangarin, o segundo desde que...
Comentarios