jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Os contaxios de coronavirus en España xa superan os 70 casos

O ministro de Sanidade, Salvador Illa (i), xunto ao director do Centro de Coordinación do Centro de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón (2d), durante a reunión do Comité de Seguimento do Coronavirus. EFE

O Goberno opta por manter as medidas de contención que ata agora está a aplicar

O ministerio de Sanidade contabilizou ata as 9.00 horas deste domingo máis de 70 casos positivos de coronavirus en 13 comunidades autónomas, o que supón un incremento dunha vintena de casos respecto da mesma hora do día anterior.

Á espera do que decida o Comité de Seguimento do Coronavirus na súa reunión deste domingo, da que dará conta o director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, o ministerio optou por manter as medidas de contención que ata agora está a aplicar.

Os contaxios de coronavirus en España xa superan os 70 casos
Comentarios